Principais recursos turísticos

 

 

A Torre do Reloxo

 

No seu momento pertenceu ao Hospital do Espírito Santo pese a que non era da mesma época senón que se construíu en 1786 tal e como reza a inscripción no dintel da porta. Trátase dun corpo prismático vertical, realizado en cantería e sen unha decoración destacable. Conta cun arco cego de medio punto rebaixado, no medio dun dos planos, e con dúas pequenas columnas pegadas facendo de jambas. Na parte superior do último terzo ten pegado o reloxo, de traza sinxela, rematado nunha pequena cornisa que leva nas esquinas uns pináculos. O campanario coroa o edificio, feito cunha estrutura de ferro forxado do que pende a campá.

 

torre

 

__________Voltar