Principais recursos turísticos

 

 

Igrexa de Santa María e Cruceiro

 

Está situada no núcleo urbano e rodeada dun amplo adro onde tamén se atopa un cruceiro decimonónico e unha fonte de canteiría. O cruceiro data do último terzo do século XIX -1861- e foi realizado por José castro, canteiro de Moeche. O pedestal, a columna e a cruz son de serpentina tamén chamada pedra de Moeche. A cruz é ochavada cos extremos abertos en flor de azucena e botón central e acolle as imaxes de Cristo no anverso e a Dolorosa no reverso. A Igrexa comezou a levantarse en 1720 sobre unha anterior edificación posiblemente do século X e as obras prolongáronse ata 1762, pero nos séculos XVIII e XIX, e ata no XX, sufriu aumentos e modificacións. Enmarcada estilisticamente no barroco rural, consta dunha soa nave con planta de cruz latina. A torre do campanario divide simetricamente a fachada cunhas características que a sitúan entre o barroco final e os inicios do neoclasicismo. No seu interior os seus retablos son na súa maior parte neoclásicos, aínda que o retablo maior é o que tamén ten maior valor histórico-artístico e, sen dúbida, é barroco, de mediados do século XVII, organizado en dous rexistros e tres canles . Decorado con columnas salomónicas quizais o elemento máis destacable sexa o Cristo da Cadea. Un Cristo tudor do gótico inglés, trasladado en 1550 por John Dutton, quen fuxía das persecucións relixiosas que tiñan lugar en Inglaterra. É unha imaxe de madeira cunha anatomía moi marcada (costelas e músculos no torso e brazos), do mesmo xeito que os hematomas e carnaciones sobre a pel. De rostro alargado e o corpo lánguido.

 

__________Voltar