Principales recursos turísticos

 

 

Igrexa de San Pedro de Anca

 

Iniciada en 1908, nun clima de pervivencia do eclecticismo artístico finisecular, realizouse en neogótico. De pranta de cruz latina e dunha soa nave, conta con coro aos pés. Os paramentos están revocados e enlucidos, a excepción dos enmarques das fiestras, con molduras de cemento. A fachada dividida en tres corpos anteponse ao corpo basilical como un macizo independente sen correspondencia de anchura con respecto o interior. A torre, aínda seguindo a tipoloxía de San Nicolás, non se dispón conforme ao eixo axial, senón sobre a canle esquerda. No interior alberga un retablo neogótico do Sagrado Corazón, con tres nichos cubertos por doseis, rematados en esbeltos pináculos. O nicho central resérvase a San Pedro. Destacan tamén dúas imaxes da Virxe do Carme e de San Xosé, posiblemente do taller de Olot, al igual que o retablo maior.

__________Voltar