Principais recursos turísticos

 

 

Capela de San Antonio

 

Está situada no barrio alto de Casadelos sobre unha parcela de pequenas dimensións. Estilisticamente clasificada no barroco popular e realizada a principios do século XVIII, segundo a escritura fundacional, asinada por D. Francisco Daoz Vilamaren e Saavedra, ten licenza datada o 14 de xullo de 1701. Trátase dunha edificación dunha única nave, sen capelas laterales, cuberta dunha bóveda vahída e que sufriu unha moi recente restauración. Un tellado en forma de frontón alberga a porta de entrada, sobre a cal un nicho acolle a a imaxe de San Antonio, que se renovou grazas á devoción que o pobo sente por este Santuario e a un doante particular.

 

__________Voltar