Principais recursos turísticos

 

Restos arqueolóxicos

 

Neda conta con algúns restos arqueolóxicos importantes, quizais o máis significativo sexa o Castro de Ancos. Un castro ovalado de 116 metros de Norte a Sur e 90 metros de Leste a Oeste, nalgunhas zonas aínda poden apreciarse restos dunha muralla, que ao parecer sería a súa única defensa. Tamén se coñece a existencia dun castro na parroquia de Viladonelle e dúas mámoas, a denominada Mámoa do Inglés (no lugar de Chao de Aldea-Viladonelle) e a Mámoa de Marraxón (en Rabadeña-Parroquia de Santa María).

 

Voltar