Principales recursos turísticos

 

 

Pazo de Isabel II

 

Fundado en 1841 como fábrica de Tecidos polos Irmáns Veiga, o conxunto arquitectónico está rodeado por un groso muro. A entrada ao recinto presídea unha crujía horizontal abríndose no centro o portalón que dá paso ao vestíbulo e de aí ao paseo de magnolios que nos introduce no xardín. O edificio máis importante está conformado por unha planta deseñada en L. Dentro do conxunto son destacables tanto a súa fonte como o seu hórreo. A primeira, realizada en ferro, representa seguindo a iconografía clásica a un neno tocado por un ramo de olivo símbolo da vitoria, sentado sobre unha vieira que sostén un monstro mariño. O Hórreo é de tipo cabana de grandes dimensións, con cámara rectangular estreita. Trátase en todo caso dunha propiedade privada.

 

__________Voltar