Principais recursos turísticos

 

 

Cruceiro de San Nicolás de Neda

 

Trátase dunha Cruz gótica do século XIV labrada en granito galego por un experto canteiro desta terra. É o crucero quizais máis representativo de Neda e posiblemente xunto co de Melide o máis antigo de Galicia. Só queda do primitivo Cruceiro a parte máis importante que é a Cruz, que leva a imaxe do Cristo polas súas dúas caras e catro figuras ao pé da mesma, dúas en cada cara. Antigamente estivo no Paraíso, onde servía de guía no Camiño Inglés de peregrinación a Santiago de Compostela. Foi trasladado ao adro da Igrexa de San Nicolás en 1975 e, segundo datos consultados en bibliotecas e centros de recoñecida solvencia, en 1935 foi derribado, cuxa Cruz foi trasladada e custodiada nunha das capelas da Igrexa, onde permaneceu ata 1938 en que foi reposto de novo. Segundo informacións recopiladas, a columna que sustenta a Cruz procede dos soportais dunha vivenda da Rúa Real de Neda, polo que segundo pode apreciarse ten menos altura do habitual. O seu capitel é macizo e pesado, de forma cuadrangular e compóñenno tres molduras rectas e a súa orixinalidade reside na figuración. O feito de ter unha dobre representación de Cristo lévao a estar incluído entre os cruceiros góticos, como pode verse no anverso e reverso: efixies coa cabeza inclinada á dereita pero sen coroa de espiñas e pelo longo. Como pode observarse levan pano de pureza amplo, atado ao medio e as pernas cruzadas apoiando os pés no capitel e un só cravo sobre o pé dereito, que monta en rotación sobre o esquerdo. Existen outras figuras, que debido ao desgaste que presentan son irrecoñecibles e non é posible facelas figurar nesta descrición.

 

__________Voltar