Principales recursos turísticos

 

 

Monte de Ancos e Miradoiro

 

O cume do Monte de Ancos atópase a uns 262 metros de altitude sobre o nivel do mar, namentras que o miradoiro sitúase un pouco máis abaixo, aínda que dende alí domínase a Ría de Ferrol dende o seu comezo na desembocadura do río Grande en Xuvia ata o seu final, coas pontes que atravesan a ría. A un lado, os montes que bordean a ría na súa parte sur e cara o outro, a costa de Valdoviño. No Monte Ancos hai un área natural e recreativa onde se pode gozar do aire libre e alí pódese visitar o castro, identificado coa lexendaria Libunca, capital dos Ártabros. Hai unha magnífica vista de ría dende este miradoiro.

__________Voltar