OFICINA DE TURISMO

 

Servizos, ubicación e horarios

 

O Concello de Neda ofrece ao visitante toda a información sobre o municipio, os seus principais recursos turísticos, a súa oferta hosteleira e de restauración ou mesmo apuntes da súa historia na Oficina Municipal de Turismo. Un servizo ubicado no edificio da Casa da Cultura (Avenida de Alxeciras, número 61, Neda-15510). A oficina permanece aberta durante todo o ano cos seguintes horarios de atención ao público: de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas (en inverno) e luns de 9 a 14 horas e de 18 a 20 horas e de martes a venres de 9 a 14 horas (en verán).

A Oficina Municipal de Turismo tamén atende as consultas nos enderezos electrónicos cultura@neda.dicoruna.es nos teléfonos 981 39 02 49 e 981 39 02 33.