FESTAS, MERCADOS, CELEBRACIÓNS

 

 

Os luns de San Nicolás

Dende tempos inmemoriais, todos os luns faise peregrinación á igrexa de San Nicolás de Neda, concurrindo dende toda a comarca xentes a pé para rezar ao santo, incluso pola noite, permanecendo aberto o templo todo o día. O día da festividade de San Nicolás -6 de decembro- tras a cerimonia relixiosa repártense entre os feligreses boliños de San Nicolás.