FESTAS, MERCADOS, CELEBRACIÓNS

 

 

Festas Patronais na honra de Santa María

A vila de Neda celebra as súas tradicionais Festas Patronais na honra a Santa María os días 8, 9 e 10 de setembro. Unhas festas nas que a liturxia relixiosa e a verbena danse a man. Especialmente nas dúas primeiras xornadas. O programa das mesmas inclúe a tirada de bombas de palenque, misa na honra da Patrona e sesión de fogos de artificio e sesión vermú con amenización musical. Á noite, tradicional verbena. Así mesmo, o terceiro e último día adícase tradicionalmente aos máis pequenos da casa, con xogos e atraccións.