FESTAS, MERCADOS, CELEBRACIÓNS

 

 

Feirón Mensual

A real vila de Neda celebra todos os cuartos sábados de mes o seu tradicional Feirón. Veciños e visitantes teñen unha cita no entorno da Casa das Palmeiras, onde se asentan deceas de postos de venda de todo tipo e, dende o ano 2013, tamén de produtos de segunda man. Así mesmo, os potenciais clientes teñen á súa disposición un aparcadoiro gratuíto duns 4.000 metros cadrados a escasos metros, na rúa Curros Enríquez.

 

feiron feiron2 feiron3