FESTAS, MERCADOS, CELEBRACIÓNS

 

Feira no camiño

No casco histórico de Neda celébrase nos primeiros dias do mes de Xuño,durante 3 dias, a Feira no Camiño, evento con animación na rúa, múisica, obradoiros para os mais pequenos, artesans, gastronomia...No entorno do Camiño Ingles destácase  a importancia economica e os valores culturais que a Ruta Xacobea deixou dende tempos atras e continua actualmente, no noso concello. O mercado transforma a Vila durante tres dias nun espazo de accion, onde teñen cabida dende a recuperación de oficios artesanais ata persoñaxes de epoca que nos trasladan o antigo Camiño Ingles. A dia de hoxe o paso deste camiño segue sendo de virtal importancia para Neda xa que pasan por el cada ano aproximadamente 4000 pelegrins. Nun entorno inmellorable, no casco antiguo de Neda, este evento é unha oportunidade perfecta para dar o coñecer o noso municipio.