FESTAS, MERCADOS, CELEBRACIÓNS
Corpus Christi
Neda tamén é unha das moitas vilas que, con motivo do Corpus Christi, cada ano luce vistosas alfombras florais nas súas rúas. Alfombras feitas a base de intenso traballo por parte da veciñanza e que se extenden ao longo de preto dun quilómetro, a distancia que separa as igrexas de Santa María e San Nicolás e pola que discorre a procesión.