O Pan

1. Historia

 

Un dos mellores embaixadores de Neda é o seu saboroso pan. Aquel que durante séculos convertiu á real vila en capital do trigo de Galicia. E é que a orixe da tradición panadeira de Neda remóntase á Idade Media, cando nacen importantes industrias, como os muíños de trigo, en torno ao río Belelle, ao seu paso pola localidade, onde forma o Salto da Fervenza. A calidade das súas augas dan como resultado un pan sen comparación polo que incluso Felipe II, xa en 1558, elixe á vila para o asentamento das chamadas Casas Reais, fábricas de bizcoito e fornos de provisión con destino ás Armadas dos Reis de España. Unha calidade que nace das mellores augas do país para a elaboración de pan, tal e como posteriormente corroboraron estudos científicos. E unha calidade que se mantén ata os nosos días.

 

 

PAN12 panes2