O Pan

 

 A Festa do Pan de Neda, de Interese Turístico de Galicia

 

Tras un intenso ano de traballo por parte do Concello de Neda, a Xunta de Galicia declaraba a Festa do Pan de Neda de Interese Turístico de Galicia con data de xullo de 2013. Unha feliz noticia que coincidía coa conmemoración dos 25 anos de existencia desta cita gastronómica tan sinalada. Celébrase o primeiro domingo do mes de setembro no Paseo Marítimo e, edición tras edición, recibe a visita de milleiros de persoas. Con ela non só se pon en valor o produto gastronómico por excelencia da real vila, senón que se recoñece e tenta promocionar o traballo da puxante industria panadeira do municipio. Cada ano incorpora novas actividades, aínda que hai elementos invariables, como a venda de pan polos negocios de Neda dende primeiras horas da mañá; o xantar popular baixo carpa ou a ambientación musical.

 

FESTA PAN1 FESTA PAN2 FESTA PAN1

 

os Muíños

 

Outra das tradicións asociadas ao pan de Neda é a súa Ruta dos Muíños. Inicialmente a súa celebración limitábase á xornada previa á Festa do Pan, aínda que no ano 2013 o Concello daba un paso adiante e abría a posibilidade de tomar parte na mesma durante todo o ano, previa cita. Celébrase na xornada previa á Festa e está aberta á participación de todo o mundo. A través da mesma, ofrécese a posibilidade de descubrir un entorno natural privilexiado e coñecer o proceso de elaboración do pan nun dos muíños restaurados da ruta. Esta camiñata guiada e gratuíta, de tres horas de duración, parte ás 10,30 horas do adro da Igrexa de Santa María, e discurre polo marxe do río Belelle ata o Roxal. Remata nun dos muíños, onde os participantes poden asistir a unha demostración do seu funcionamento e degustar despois productos típicos de Neda. O regreso, sobre as 13,30 horas.

A continuación, relación dos muíños de Neda:

  • Muíño do Parrando: Último muíño antes da desembocadura do río Belelle, situado na ponte de Santa María, na marxe esquerda. Na actualidade é vivenda.

  • Muíño do Cubo: Está situado na marxe esquerda do río Belelle. O seu estado de conservación é bo, pero na actualidade non moe, a parte alta é vivenda e o cubo do muíño úsase como piscina.

  • Muíño da Roda ou de Marraxón: Está situado na marxe esquerda do río Belelle no lugar de Ponte Grande. O seu estado de conservación exterior é bo. É vivenda particular. O nome da Roda procede de que antigamente movíase cunha roda de aspas.

  • Muíño de Moncho: Está situado na marxe dereita do río. A súa presa dá continuidade a unha serie de pequenos muíños situados nun canal. Na actualidade non traballa. O seu interior é unha vivenda con garaxe e cuadras.

  • Muíño do “Tinjilado”: Está situado na marxe dereita do río. Aproveita as augas do muíño de Moncho. O nome vén de que na beira do camiño había un alpendreboio para gardar os carros do reparto da fariña. Na actualidade úsase coma vivenda.

  • Muíño do Foxo: Está situado na marxe dereita do río. Aproveita as augas dos muíños de Moncho e do Tinjilado. Na actualidade é vivenda.

  • Muíño do Carballo ou de Balbina: Situado na marxe dereita do río Belelle no lugar da Ponte Grande. Traballou ata hai pouco tempo, atendido polo seu muíñeiro Jenaro "O Galleto". A propiedade ten dúas pontes, que daban paso á xente á pé dende Pename á Mourela.

  • Muíño de Alejandro “O Carrizo”: Situado na marxe esquerda do río Belelle no lugar da Mourela Baixa. Coñécese tamén como "Fábrica de papel da Mourela". O seu estado de conservación é bo, pero non traballa. Na pranta alta ten dúas vivendas. Seguindo as súas augas había un pequeno “chánquelo” (muíño pequeno que aproveitaba as augas do muíño principal).

  • Muíño de José Rico: Está situado na marxe dereita do río, no lugar de Camiño Vello. Na actualidade hai unha panadería. Existe pouca información sobre este muíño.

  • Muíño de Bigotes: Está situado na marxe esquerda do río Belelle no lugar de Maciñeira. Traballou ata o ano 1970. Ao morir o seu coidador pasou a ser un taller de carpintería de aluminio. Logo foi unha piscifactoría e hoxe está abandoado.

  • Muíño do Furado: Está situado na marxe dereita do río Belelle. Aproveitaba as augas do canal do muíño das Bombas e de Antonio de Pilar. O seu estado é ruinoso.

  • Muíño de Antonio de Pilar: Está situado na marxe dereita do río Belelle. Aproveitaba as augas do canal do muíño das Bombas para facer a molienda. Na actualidade está restaurado e sirve de vivenda particular.

  • Muíño de Luís de Canido: Está situado na marxe dereita do río Belelle. Na actualidade está en período de recuperación. Neste lugar instalouse unha colonia de verán. Ao muíño accédese polo de Luciano co que compartían cubo.

  • Muíño de Luciano: Está situado na marxe dereita do río Belelle. Na porta de entrada ao muíño, na parte alta, destaca unha cruz pero descoñécese o seu significado. O seu estado é ruinoso.

 

molino molino2
molino3 molino4
molino5

 

 

4. Industria

Aquí poderás coñecer as panaderías locais, con información sobre a súa ubicación e teléfonos de contacto:

Justo Goti Novo
Mourela Baixa, 3
981 34 70 48

Panadería Vda. de Romero
Mourela Baixa, 47
981 34 70 82

Germán Rico Fernández
Mourela Baixa, 104
981 34 72 60

Panificadora Germán, SL
Coto, 10

Panadería Santa Rita, SL
Portazgo, 32
981 34 75 26

Panadería La Gallega
Albarón, 7
981 34 75 93

Panadería Roberto González, SC
Avenida de Algeciras, 16
981 38 08 28

Panadería La Nueva de Neda SL
Avenida de Algeciras, 89
981 38 06 10
www.panaderialanueva.com

La Barra de Oro SL
Gandarela, 1b
981 34 75 63

Panadería Modesto
Mourela Baixa, 21
981 34 75 02

Confitería O Carrizo
Avenida de Algeciras, 30
981 38 52 70
www.confiteriaocarrizo.com

Panadería José Castro
Buhida, 6
981 38 30 04
gasparcastrobrage@yahoo.es

 


(*) Para solicitar a modificación ou aportar datos teñen á súa disposición o seguinte enderezo electrónico: alcaldia@neda.es