Policía Local

 
Solicitude de instalación de sinalización

Este trámite permite solicitar elementos de ordeación ou regulación do tráfico (sinalización vertical, sinalización horizontal, sinalización semafórica), ademáis da sinalización informativa urbana, espellos e outros elementos como resaltos en calzada, vallas, hitos, etc.

Organismo responsable

Policía Local do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34-15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Fax: 981 38 02 22

Correo electrónico: correo@neda.es

Documentación a presentar

  • Formulario de solicitude, debidamente cumprimentado.
  • Plano/ croquis descriptivo do lugar da instalación.
  • Xustificante de abono da tasa por expedición de documentos administrativos, no caso de solicitude de sinalización informativa urbana e espellos.

Descarga de impresos

PDF

¿Como se fai o trámite?

O Formulario de Solicitude debidamente cumprimentado deberá presentarse por duplicado para devolución polo Rexistro dunha copia selada.

Antes do inicio da actuación nos casos de solicitude de sinalización informativa urbana e espellos, o interesado deberá efectuar o pago da tasa correspondente.

Lugar e modo de presentación

Rexistro Xeral do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34 15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Horario: De 9 a 14 h de luns a venres. Sábados de 9 a 13 h