Policía Local

 Recomendacións da Policía Local

Neste apartado poderá atopar consellos e recomendacións de gran utilidade en materia de seguridade, a ter en conta polo cidadán tanto no seu ámbito doméstico como na vía pública ou en relación á protección de menores.

 

Vivenda Segura


A vivenda é o espazo privado onde as persoas desenvolvemos a nosa vida, é un lugar onde nos atopamos máis seguros. Por iso, debemos pór especial atención na súa protección.

 

  • Puntos de acceso

 

As portas, as fiestras e os accesos dende o garaxe ou o xardín son, evidentemente, os puntos máis febles para acceder a unha vivenda de maneira ilícita, algunhas recomendacións para aseguralos son:

 

-  Instale unha porta blindada. Se a súa porta non é blindada, procure que teña, polo menos, dous puntos de peche, e que non exista oco entre a porta e o chan.

 

-  A pechadura debe ser moderna e resistente, consulte con especialistas do ramo. Non poña nas súas chaves ningún dato, e preste atención cando faga duplicados.

 

-  Coloque unha cadea de seguridade na porta que lle permita a apertura parcial da mesma.

 

-  Cando saia do seu domicilio, peche completamente, unha porta pechada só coa peza que resbala polo marco é moi vulnerable.

 

-  As fiestras que poden ser accesibles dende o exterior sen excesiva dificultade, deberían estar protexidas por rexas. Non deixe entre as barras unha separación maior de 12 cm.

 

-  Se ten garaxe de acceso direto ao domicilio, a porta exterior do garaje ou a que comunica o garaxe co domicilio, debe ter as mesmas medidas de seguridade que a principal de entrada á casa.

 

-  En caso de vivir nunha vivenda unifamiliar e vivenda de pranta baixa, é aconsellable instalar un sistema de alarma.

 

  • Visitas inesperadas e merodeadores

 

En ocasións, os delincuentes prefiren entrar nos domicilios cando os seus ocupantes están no interior e, así, lograr os seus obxetivos baixo ameazas.

 

-  Lembre o consello que se dá aos nenos: non abra a porta a descoñecidos; observe antes a través da súa mirilla panorámica. Pida, en todo momento, ao personal das empresas de servizos (teléfono, electricidade, gas, auga, etc.) que se identifiquen.

 

-  Comprobe a visita destes empregados chamando á Empresa correspondente, pero rexeite o número de teléfono da tarxeta que lle amose xa que podería ser o dun cómplice. Se ten algunha dúbida, manteña ao visitante fóra do domicilio, coa cadea de seguridade posta, namentras comproba a visita. Evitará sorpresas. En caso de dúbidas chame á Policía.

 

-  Se vive nun edificio, non accione o porteiro automático se descoñece quen chama, compromete vostede a seguridade de todos os seus veciños. A instalación dun vídeo-porteiro melloraría a seguridade.

 

  • Consellos varios a ter en conta

 

-  Teña coidado ao contratar o servizo doméstico. Pida referencias e observe o seu comportamento durante os primeiros días.

 

-  Peche as fiestras sempre que saia da casa, aínda que só se ausente media hora.

 

-  Cambie a pechadura nos seguintes casos: ao instalarse nunha vivenda nova, ao habitar unha casa alugada anteriormente, se reformou a súa casa e algún traballador tivo acceso ás chaves, sempre que perda as chaves.

 

-  Instale unha mirilla panorámica que lle permita ver de corpo enteiro á persoa que chama á súa porta.

 

-  Sexa solidario e avise á Policía se percibe algo estrano na casa dun veciño.

 

-  Non deixe xogos de chaves en escondites, é de sobra coñecido que moitas persoas gardan sempre unha chave no entorno da vivenda (debaixo do felpudo, maceteiro etc…).

 

-  Fotografíe ou marque os seus obxetos de valor co fin de poder recoñecelos se os rouban. Anote a súa marca, modelo e número de serie ou de fabricación.

 

-  Se chega á súa casa e atopa a porta forzada ou aberta, non debe entrar nin alterar posibles pegadas (podería estar dentro o delincuente). Comuníquello ao 112. Prestaránlle axuda de inmediato.

 

-  Asegúrense de que a porta do garaxe quede pechada, tanto ao saír como ao entrar.

 

-  Non teña moito diñeiro na súa casa nin xoias nin obxetos de valor. Deposíteos en caixas de seguridade de entidades bancarias.

 

-  Non garde nunca o talonario de cheques con documentos nos que estea a súa firma. O delincuente terá maiores dificultades de utilizalo ao descoñecer a súa sinatura.

 

-  Se vive fóra do casco urbán, un can convenientemente adestrado pode ser moi útil fronte á acción dos ladróns.

 

-  Non faga ostentación de xoias, riquezas ou posesións, xa que isto atrae aos ladróns.

 

-  Ante a presenza de calquer persoa estrana, avisar ás Forzas de Seguridade. Tomar nota de calquer cousa ou vehículo que pareza sospeitoso.

 

  • Se se ausenta da súa vivenda


As normas de seguridade para protexer a súa vivenda ao saír de vacacións son basicamente as mesmas precaucións cotiás. Engada as seguintes recomendacións e goce dunha viaxe sen preocupacións:

 

-  Non comente en público que vai a saír de vacacións. Non deixe evidencias de que a casa está baleira. Facilítelle a un veciño de confianza un teléfono de contacto onde poder localizalo se ocorre algo. Comprobe que todas as posibles entradas da súa casa quedan pechadas. Evite baixar totalmente as persianas.

 

-  Utilice o desvío de chamada. Se alguén chama por teléfono que non seipan que non hai ninguén en casa, sempre contestará alguén.

 

-  Use temporizadores automáticos para encender e apagar as luces.

 

-  Pida a un veciño de confianza que vixíe a súa vivenda, lle recolla diariamente o correo (a abundancia de correspondencia no buzón, delata a súa ausencia) e se é posible, que alguén estacione o vehículo na súa cochera namentras vostede estea ausente.

 

-  Nunca deixe na porta unha nota que indique a súa ausencia do domicilio.

-  Deixe un aparato de radio que se conecte cun temporizador, preferiblemente sintonizado nunha estación con programas de charlas e con baixo volume. Isto dará a impresión dunha conversa.

 

-  Non deixe obxetos de sumo valor na casa, trasládeos a un lugar seguro mentras se atope ausente.

 

-  Cando saia do seu domicilio, transporte unicamente pequenas cantidades de diñeiro en efectivo. Utilice tarxetas de crédito, cheques de gasolina, etc.

Na vía pública

 

  • Ao circular pola rúa

 

-  Na medida do posible, procure non transitar por lugares solitarios ou pouco alumbrados.

 

-  Circule en sentido oposto á marcha dos vehículos, o máis afastado posible do borde, situando o seu bolso ou carteira cara o interior da beirarrúa, de maneira que poida evitar os “tiróns”.

 

-  Leve só os cartos necesarios e distribúaos nos seus bolsillos. Evite levar o diñeiro no bolsillo traseiro do seu pantalón.

 

-  Cando se dispoña a utilizar os servizos dos caxeiros automáticos, observe antes ao seu redor por se houbese persoas sospeitosas que poderían apropiarse do diñeiro obtido á menor oportunidade. Se ten dúbidas respeto de determinadas persoas, non utilice o caixeiro nese momento, ou diríxase a outro que haiba preto.

 

-  Evite, sempre que sexa posible, retirar grandes cantidades de diñeiro en metálico de caixas ou bancos. Recoméndase que o faga mediante transferencias ou outros medios.

 

-  Preste unha especial atención á entrada ou saída dos transporte públicos. Evite aglomeracións como mercadillos, feiras e verbenas. Se alguén tropeza con vostede comprobe se lle quitaron a carteira.

 

-  En caso de perda ou roubo da tarxeta, telefonee inmediatamente á entidade bancaria e á policía.

 

-  Desconfíe, en xeral, daquelas persoas que lle ofrezan negocios ou grandes e rápidos beneficios.

 

-  Cando vaia de compras, non se distraia. Observe con atención ás personas próximas a vostede e non perda o contacto co seu bolso. Se se sinte perseguido indo no seu coche, toque o claxon constantemente para chamar a atención e diríxase a un Centro policial ou lugar concorrido.

 

-  Se é vítima de cualquer delito observe as características esenciais do seu agresor (idade, estatura, cor de pelo, rasgos do seu rostro, nacionalidade, acento ao falar, vestimenta, dirección da fuxida, vehículo utilizado, etc). Se son varios os agresores, procure centrarse nun deles, o que teña máis próximo ou máis lle chame a atención. Isto servirá para descubrir posteriormente ao resto do grupo.

 

-  Berrar ou pedir socorro, pode intimidar ao asaltante, así como atraer a atención doutras persoas.

 

-  Despois de terse cometido o delito, se lle é posible, avise á Policía ou Garda Civil e explíquelles todo o que lembre. Mentras espera a chegada da Garda Civil ou a Policía, anote as súas observacións. Non faga comentarios cos demáis sobre o suceso, xa que poderían misturarse coas súas propias impresións. Non coloque nin toque nada ata a chegada da Policía ou Garda Civil. Podería destruír involuntariamente as probas do delito.

 

 

  • Cando circula co seu vehículo

 

-  Non recolla no seu coche a descoñecidos.

 

-  Evite permanecer de noite nun vehículo estacionado en descampados, parques, extrarradios, etc.

 

-  Cada vez que saia do seu coche, saque a chave de contacto, deixe o volante bloqueado e peche ben as portas, ventanillas e maleteiro.

 

-  Non deixe obxetos á vista dentro do coche: cámara de fotos, roupa, bolsas de man etc.

 

-  Se ten que deixar algunha cousa no maleteiro do coche, fágao antes e nun lugar diferente de onde o estacione.

 

 

 

Protección dos nenos

 

-  Ensine aos seus fillos a coñecer nome, apelido, domicilio e teléfono.

 

-  Os seus fillos deben saber sempre que, en caso de extravío, o mellor é quedarse parados. Os seus pais ou familiares, ao percatarse da ausencia, volverán sobre os sus pasos.

 

-  Explíquelles a quen dirixirse en caso de perigo, tanto se están na rúa como se se atopan en casa.

 

-  Coñeza as súas amizades e compañías. Que non abran a porta de casa cando estean sos.

 

-  Explíquelles que rexeiten sempre a invitación de descoñecidos a subir nun automóbil ou a acompañalos con calquer pretexto.

 

-  Que non acepten golosinas, caramelos, tabaco, etc., que poida ofrecerlles calquer persoa non coñecida.

 

-  Preste moita atención a calquer relato que lle faga o seu fillo. Por exemplo: sobre unha persoa que tratou de acaricialo, de regalarlle algo, etc. Dígalle que xamáis debe manter estas relacións en segredo, aínda que se llo pidan esas persoas.

 

-  Observe a súa actitude ante o colexio e os estudos.

 

-  Fálelles da Policía ou da Garda Civil, como esas personas que están para axudarlle ante calquer situación ou emerxencia. Que non dubiden en chamalos.