Policía Local

 
Solicitude de licenza de ocupación de vía pública

Este trámite permítelle obter licenzas para ocupar temporalmente os terreos de uso público. Por exemplo, con elementos auxiliares das actividades de construción, como vallas, andamios, colectores, grúas, material de obra, etc.

Organismo responsable

Policía Local do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34-15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Fax: 981 38 02 22

Correo electrónico: correo@neda.es

Documentación a presentar

  • Solicitude que indique o emprazamento e os datos de ocupación.
  • Plano de situación no que se sinale a superficie que se vai a ocupar.
  • Xustificación do pago previo da tasa por ocupación de terreos de uso público.
  • Depósito de fianza.

Unha vez finalizada a ocupación da vía pública deberáse iniciar o expediente de devolución de fianza.

Descarga de impresos

PDF

¿Como se fai o trámite?

O Formulario de Solicitude debidamente cumprimentado deberá presentarse por duplicado para devolución polo Rexistro dunha copia selada.

Antes do inicio da actuación, o interesado deberá efectuar o pago da tasa correspondente. Depósito da fianza. Informe dos Servizos Técnicos. Proposta de acordo do técnico. Resolución da Alcaldía e notificación ao interesado.

Lugar e modo de presentación

Rexistro Xeral do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34 15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Horario: De 9 a 14 h de luns a venres. Sábados de 9 a 13 h