Policía Local

 Solicitude de tarxeta especial de estacionamento

Trámite para solicitar e/ou renovar o distintivo de estacionamento para aquelas persoas con minusvalía por causa de mobilidade reducida, e que lles faculta, co seu vehículo privado, a aparcar nas distintas zonas autorizadas expresamente pola Ordenanza Municipal.


Destinatarios:

Persoas con discapacidade de mobilidade reducida


Organismo responsable

Policía Local do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34-15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Fax: 981 38 02 22

Correo electrónico: correo@neda.es

Documentación a presentar

  • Solicitude da tarxeta.
  • Certificado acreditativo de minusvalía ou discapacidade expedido pola Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
  • Unha foto de carnet.

 

Descarga de impresos

DESCARGA DO PDF

¿Como se fai o trámite?

O Formulario de Solicitude debidamente cumprimentado deberá presentarse por duplicado para devolución polo Rexistro dunha copia selada.

Lugar e modo de presentación

Rexistro Xeral do Concello de Neda

Avenida de Alxeciras, 34 15510 Neda

Teléfono: 981 38 00 39

Horario: De 9 a 14 h de luns a venres. Sábados de 9 a 13 h