VESPA VELUTINA

O concello de Neda colabora co Programa de Vixilancia e Control da Vespa velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta especie.

Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas. Calquera persoa que detecte un niño destas avispas pode comunicalo aos teléfonos 012 ou 112 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.

Desde o concello de Neda ofrecemos o seguintes datos:

 

velus

 

 

 

 

 

 

Seguimento de trampas de velutina 2017

Folleto informativo, o ciclo anual da velutina