Medio Ambiente

 

Puntos de reciclaxe de roupa usada

Os nedenses teñen á súa disposición contenedores para o depósito de roupa usada da que desexen desfacerse. Este mobiliario urbano está instalado no entorno do centro de saúde e nas inmediacións do colexio San Isidro, dúas zonas de gran afluencia diaria de persoas. Así mesmo, teñen capacidade para uns 200 quilogramos e os días de recollida son martes e xoves. Calquer dúbida ou incidencia pódese consultar ou trasladar vía telefónica, no número 687 409 667. A empresa encargada da recollida está obrigada a subsanala no prazo máximo de 24 horas. A roupa usada trasládase a unha nave de almacenaxe en Lugo e, con posterioridade, sométese a un proceso de valorización. Transfórmase en trapos de limpeza, recheos para colchóns, sofás, asentos de vehículos… Dándoselle un novo uso.