Medio Ambiente
Punto limpo municipal
Os veciños e veciñas poden desfacerse dos seus residuos no Punto Limpo Municipal, un servizo completamente gratuíto para as persoas empadroadas en Neda.
As instalacións están ubicadas na Estrada de Catabois, xunto ao cemiterio de Ferrol e frente ao Hospital Novoa Santos.
O horario de atención ao público é de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19,30 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
Calquer veciño de Neda poderá entregar os seus residuos acreditando o seu empadronamento a través da presentación do DNI. O Punto Limpo é unha instalación especial onde depositar de forma gratuíta aqueles residuos que, polo seu gran volumen ou perigosidade, deben recibir un tratamento especial distinto do verquido. Así, no interior das instalacións existe un colector para cada tipo de residuo, de forma que a cidadanía ten claramente identificado onde debe facer cada depósito. Nestas instalacións pódense entregar dende dende aceites minerais e vexetais a electrodomésticos, aeorosois, baterías, entullos, plásticos, tóner de impresoras, disolventes… Unha longa lista de ata 26 categorías diferentes que se relacionan deseguido cos topes mensuais.
RESIDUOS POR PERSOA E MES |
|
Aceites vexetais |
40 litros |
Aceites minerais |
40 litros |
Aerosois |
15 unidades |
Baterías |
5 unidades |
Entullos |
100 quilos |
Electrodomésticos |
3 unidades |
Frigoríficos |
1 unidade |
Fluorescentes |
15 unidades |
Xardinería |
1000 litros |
Madeiras |
100 q ou 4 unids |
Metais |
100 q ou 6 unids |
Ordenadores |
1 unidade |
Papel-Cartón |
25 quilos |
PVC |
7 quilos |
Pilas |
3 quilos |
Pintura |
10 quilos |
Plásticos |
25 quilos |
Radiografías |
20 unidades |
Vidro Plano |
15 quilos |
Baterías |
2 unidades |
Absorventes |
0,5 quilos |
Productos químicos |
0,5 litros |
Envases baleiros |
2 unidades |
Tóners |
5 unidades |
Disolventes |
0,5 litros |
Residuos voluminosos |
3 unidades |