Aberto o prazo para participar no Programa Integrado de Emprego de Galicia dirixido a mulleres de oito concellos da Mancomunidade

A Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, dirixido aos concellos de Narón, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño.

 

A administración autonómica e o Servizo Público de Emprego Estatal financian esta convocatoria, subvencionada con 207.000 euros, dos 230.000 euros do custe total do proxecto. En total ofertaranse 100 prazas para os oito concellos, todas elas dirixidas a mulleres

 

Toda a info no enlace