MANIFESTO DO CONCELLO DE NEDA DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

MANIFESTO DO CONCELLO DE NEDA DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Un ano máis, dende os grupos municipais que conformamos o Concello de Neda, conmemoramos o día do 25 de Novembro, Dia Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende este concello, manifestamos a nosa absoluta repulsa cara a tódalas formas de violencia recollidas no convenio de Estambul, así como o noso apoio e defensa de tódolos principios de igualdade.
Hoxe recordamos a Rebeca Alexandra, Leonor, Romina Celeste, Rebeca, Rosa, Kelly, Rosa María, Daria, Sheila, Estrella, Gloria, María Jesús, María, María Soledad, Nelea, María, Irene, Silvia, Juana, Lourdes, Lilium, Piedad, Manuela, Beatriz, Dana… e así ata 51 mulleres asesinadas polas suas parellas ou ex parellas, provocando, ademáis, que 43 nenos queden horfos. O número de asesinadas dende o ano 2003 ascenden xa a 1027 mulleres.
A violencia contra as mulleres é estrutural e histórica e constitúe a vulneración máis extendida dos dreitos humanos no mundo e a súa orixe radica na discriminación que sofren as mulleres respecto dos homes.
A morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferentes as violencias que rodean e perseguen ás mulleres.
Por todo isto, os grupos que conformamos o Concello de Neda, reclamamos ás administracións estatal e autonómica que se siga avanzando e ampliando na lexislación contra esta lacra, así como a dotación dun maior presupuesto para incrementar as medidas de seguimento e prevención tendo en conta que non hai mellor prevención que a educación dende a igualdade. Así mesmo, manifestamos o noso compromiso coas vítimas e ademáis comprometemonos na loita para a erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas buscando o apoio de todas as veciñas e veciños para loitar contra esta barbarie e por fin acabar con ela.