O CONCELLO DE NEDA SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA ERRADICAR OS VERTIDOS INCONTROLADOS.

NEDA, 20 DE NOVEMBRO DE 2019:
A contorna municipal do concello de Neda está sufrindo no último ano unha serie de vertidos incontrolados, que están producindo un deterioro medioambiental, e sobre todo económico, tanto pola recolleita como polo seu tratamento.
Por esta circunstancia, e logo de varios vertidos con decenas de pantallas de tv ou mobles de vivenda en zonas urbanas, feitos que están prohibidos por ordenanza municipal, o grupo de goberno de Neda, considerou tomar a decisión de incrementar a recolleita de voluminosos (Recordar que na actualidade pasa o último luns de mes, na zona do Basteiro cara á zona de Xubia, Viladonelle, Roxal ou Anca, e o primeiro luns de mes, do Basteiro, cara á zona do Puntal, Pazos Rabadeña, etc, e que tamén ten existe un punto limpo a onde levar os mesmo.)
Para evitar estes vertidos, os veciños interesados en que se lles recolla outros días, deben chamar ao 981380039, no cal quedará rexistrada o número da vivenda e os residuos a retirar, e pasarase de forma individualizada a cada domicilio.
Para rematar, o grupo de goberno do concello de Neda quere facer unha chamada á colaboración cidadá, dado que está convencido de que estes vertidos son froito de persoas que non respectan as condutas cívicas, e en casos como o que achegamos, que están orixinando un grave problema de convivencia e económico, polo que solicitan anótense as matrículas de vehículos e pásense á policía local ou ben ao 679423884, para tomar as medidas oportunas.