OS NENOS E NENAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO PECHAN O CURSO REPRESENTANDO “TODO É UN CONTO”

Neda, 20 de xuño de 2019.- O alumnado infantil da Escola Municipal de Teatro de Neda pecha o curso académico coa representación da obra “Todo é un conto”, unha adaptación dun texto de Julián Herrero Santiago, este venres (día 21) na Casa da Cultura, a partir das 20.00 horas. Son alumnos con idades comprendidas entre os 7 e 11 anos.
Desde o goberno municipal anímase á veciñanza e afeccionados ao mundo da escena a asistir a unha función na que tomarán parte a totalidade dos nenos e nenas que desde outubro veñen asistindo ás clases impartidas por Chus Prieto. Ela será mañá a que se poña á fronte da dirección da representación da obra, na que tamén estivo a traballar para adaptala.
Iago Fernández, Carla Pazos, Mabel Silvia, Candela Otero, Eduán Rodríguez, Lola Silva, Natalia Prieto, Nerea López, Darío Grande e Sara Carneiro constitúen o cadro de actores, mentres que o vestiario, atrezzo e escenografía corre a cargo do alumnado e máis do Concello de Neda.