A COMPAÑÍA FERROLUNA REPRESENTA MAÑÁ EN NEDA A OBRA “EL CIANURO.... SOLO O CON LECHE?”

Neda, 19 de xuño de 2019.- O Concello de Neda organiza para mañá xoves a lectura dramatizada da obra “El cianuro ... ¿solo o con leche?”, que correrá a cargo da compañía teatral Ferroluna. A Casa das Palmeiras acollerá unha cita que dará comezo ás sete da tarde. A asistencia é gratuíta. Trátase dunha farsa de humor negro escrita por Juan José Alonso Millán e estreada o día 7 de xuño de 1963 no Teatro Beatriz de Madrid.
A acción da obra transcorre en Estremadura, nunha “familia” do máis peculiar, donde nada ni ninguén resulta ser o que inicialmente aparenta. É unha sátira na que as situacións máis macabras e divertidas vanse sucedendo unhas ás outras sen permitir ao espectador nin un só momento de descanso.