NEDA PECHA AS CELEBRACIÓNS DAS LETRAS CUN DOCUMENTAL SOBRE ANTÓN FRAGUAS

Neda, 27 de maio de 2019.- O Concello de Neda pecha as celebracións do Día das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre a vida e obra de Antón Fraguas. Será este mércoles, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura.
Trátase dun traballo dirixido por Gonzalo E. Veloso no que participan amigos e especialistas na figura de Fraguas como Clodio González, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Méndez e Víctor Freixanes, entre outros.