A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM REPRESENTARÁ A OBRA “A MARABILLA DO DIVERSO” NA CASA DA CULTURA

Neda, 23 de maio de 2019.- O teatro volverá este sábado (día 25) á Casa da Cultura de Neda da man da Asociación Sociocultural ASCM, que representa a obra “A marabilla do diverso”.
A actuación dará comezo ás 20.00 horas e a asistencia ten carácter gratuíto. “A marabilla do diverso” versa sobre a liña que divide a discapacidade da capacidade. Fala de como as persoas con discapacidades queren ter unha vida normal e ser tratados con respecto. Queren ter casa, comida, traballos, amigos e parellas como todo o mundo. Fala tamén de relacións paternofiliais e de amizade e amor. Eugenia Sanmartín é a autora dunha peza coa que se quere facer un retrato do cotiá e transmitir ao público a marabilla do diverso.