A RECADACIÓN DA GALA CONTRA O CANCRO INFANTIL ASCENDEU A 4.300 EUROS, UNS 800 MÁIS QUE A PRIMEIRA

Neda, 12 de marzo de 2019.- A axuda coa que este ano a veciñanza de Neda contribuirá á investigación oncolóxica infantil ascende a 4.300 euros. Trátase do importe final da Gala contra o Cancro Infantil que na súa segunda edición se celebrou o día 3 no pavillón e reuniu a uns 1.100 espectadores. Case a metade dos ingresos corresponden á venda de entradas. Tamén houbo 24 contribucións a través da chamada fila cero, así como achegas a título persoal e outras cantida- des obtidas pola de venda de rifas, polo funcionamento da cantina e polo mercado solidario no que estiveron implicadas diferentes entidades da localidade. Distintas empresas e comercios de Neda, Ferrol e Narón quixeron sumarse á iniciativa coa cesión de produtos e doces que serviron ou ben para acompañar un bo chocolate quente ou para sortear entre o público asistente. O importe íntegro da recadación viaxará este ano á cidade de Ourense, irá á Asociación Nico. O goberno de Neda quere agradecer “a resposta da xente, que coa súa asistencia encheu as gradas pavillón, a colaboración de entidades, negocios e empresas, que fixeron posible a súa celebración, e o éxito da recadación que, conseguido entre todos, supera nuns 800 euros á do ano anterior” . Tamén se aplauden os debuxos cos que o alumnado do CEIPs San Nicolás e Maciñeira quixeron estar presentes nunha gala que volveu superar as previsións. Cada ano, en España son detectados 1.400 casos de cancro infantil (14 de cada 100.000 nenos), unha cantidade que os expertos consideran moderada, polo que se destina pouco diñeiro a investigación e carece de interese para as industrias farmacéuticas, segundo a Asociación Nico