NEDA COMPLETA A SÚA OFERTA DEPORTIVA CUN PROGRAMA DE ADESTRAMENTO FUNCIONAL

Neda, 7 de marzo de 2019.- O Concello de Neda completa a súa oferta deportiva cun programa de adestramento funcional, un novo sistema que permite desenvolver as cualidades físicas mediante a realización de exercicios como poden ser unha combinación de flexións e saltos ou as coñecidas “sentadillas”.
A actividade comezará o próximo luns, día 11, e as persoas interesadas aínda poden apuntarse no centro Cívico Ramón Millarengo. As clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 11.00 horas, na sala de adestramento que se atopa nese mesmo edificio e á que acoden a diario máis de 25 usuarios.
Trátase dun programa personalizado, pensado para persoas menores de 65 anos, co que se potencia o físico, a forza e a resistencia para mellorar a mobilidade e reducir ou controlar o peso corporal polo gasto calórico que se consegue, entre outros resultados.
Este adestramento funcional súmase ás ofertas deportivas que o Concello mantén case ao longo do todo ano e das que forman parte as clases de pilates, ioga, baile moderno e ximnasia terapéutica