CONCELLO DE NEDA REPARTIRÁ UNS 100 QUILOS DE CARAMELOS SEN GLUTEN DURANTE A CABALGATA DE REIS

Neda, 2 de Xaneiro de 2019.- O Concello de Neda ultima os preparativos da Cabalgata de Reis que percorrerá distintas zonas no municipio na tarde-noite do próximo sábado, 5 de xaneiro.

O goberno nedense conta coa colaboración da Policía Local e máis dos voluntarios de Protección Civil para levar a cabo un programa que arrincará ás 19.15 horas da curva do Puntal para, a continuación, descorrer pola estrada AC-115 en dirección á Casa das Palmeiras, onde terá lugar a primeira recepción oficial aos Magos de Oriente. Haberá doces e uns 100 quilos de caramelos sen gluten para repartir entre os asistentes.

Pero os Reis aínda prolongarán a súa estancia no municipio de Neda chegando ata a fábrica de Xuvia, subindo ata a zona da Muchiqueira, visitando A Moruela e asistindo a unha segunda recepción que terá como escenario o polideportivo do Roxal. Nesta, como na anterior, tamén haberá sorpresas e agasallos para os asistent