O MAGO TETO ACTUARÁ ESTE VENRES NA CASA DA CULTURA DE NEDA

Neda, 26 de Decembro de 2018.- O mago Teto chega este venres á Casa de Cultura de Neda para presentar “25 anos de Tolemaxia”, un show de maxia para facer rir ao público máis esixente, os nenos. O mago leva o ilusionismo ao estado máis puro cun espectáculo cheo de efectos, tocando todas as disciplinas e sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas co seu toque particular.

A entrada terá un custo de 2 euros para os adultos e dun para o público infantil. O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas.