CHARLA MAÑÁ EN NEDA SOBRE A LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS DE GALICIA

Neda, 5 de novembro de 2018.- O Concello de Neda promove para mañá martes (día 6) a celebración dunha charla informativa para explicar os contidos da Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, que está en vigor desde o mes de xullo e que deixa nas máns das administracións locais as autorizacións e o control das celebracións populares, incluídas as festas parroquiales e patronais. O salón de plenos acollerá un encontro no que intervirá o secretario xeral do Concello de Neda, Alejandro Antelo Martínez, e que está especialmente pensado para os organizadores de festas e persoas afines. A cita será á 13.00 horas.
O goberno municipal considera importante que ao acto acudan desde representantes das entidades locais, ata as persoas que habitualmente están á fronte da organización das actividades que ao longo do ano teñen lugar no municipio.