O NEDA ADXUDICA POR 26.358,59 EUROS A TRAÍDA DE AUGA QUE INCREMENTARÁ EN 500 M3 MÁIS O VOLUMEN DE SUBMINISTRACIÓN Á VECIÑANZA

Neda, 6 de novembro de 2018.- A Xunta de Goberno de Neda adxudicou esta semana proxectos por un importe global de 145.713,5 euros. Trátase de seis novas obras de aglomerado noutras tantas vías de comunicación e a construción da captación da Rabadeña para incrementar en 500 metros cúbicos máis de auga o volumen da subministración que chega á veciñanza a través da rede municipal. O consumo medio diario da localidade é de 1.100 m3.
A traída de auga foi contratada por 26.358,59 euros e será executada en tres semanas, prazo que comeza a contar a partir da sinatura do contrato. O executivo local considera probable que este novo subministro poida entrar en servizo antes de que finalice o ano e destaca a importancia desta actuación porque con ela evitarase o bombeo que agora se fai desde o río Belelle e que representa un consumo eléctrico de relevancia.
O resto do investimento aprobado, case 120.000 euros, dará lugar á pavimentación, a base de aglomerado en quente, dos camiños de Ladeiro, Currás, Latedo-Carballal, Nogueido-Coruxa-Combarro, Os Pazos-Combarro e Roseira-Pavillón de San Isidro. A intervención no vial de Ladeiro financiarase con cargo ao POS Adicional 2018 e o resto coa aportación directa do Concello de Neda por medio dun complemento de crédito.
O prazo de execución destas obras é dun mes. O goberno municipal só está á espera da firma dos contratos e da mellora da meteoroloxía para o inicio das obras que tamén deberán estar rematadas antes de final do ano.