A RECADACIÓN DA ANDAINA SOLIDARIA DE NEDA FOI DE 5.460 EUROS, 635 MÁIS QUE NO 2017

Neda, 30 de Outubro  de 2018.- A III  Andaina  Solidaria organizada  por Neda para colaborar  na loita  contra  o cancro  superou  todas as expectativas,  por incrementar  en máis  de  600 euros a recadación do 2017. A deste ano foi de 5.460 euros fronte aos 4.825 euros do anterior.

 

O  goberno  municipal  valora  moi  satisfactoriamente  o  éxito  dunha  convocatoria  coa  que  se trata de  contribuír  economicamente  pero tamén  de apoiar  ás persoas que sofren esta enfermidade así  como  as súas  familias.  Cabe recordar  que o importe  íntegro  da recadación  será entregado á Asociación Española de Lucha contra el Cáncer nos próximos días.