NEDA FOMENTA O DEPORTE E A CULTURA COA AXUDA DE 18.000 EUROS A 17 ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Neda, 8 de Outubro de 2018.- O Concello de Neda vén de notificar a concesión de axudas a 17 entidades locais sen ánimo de lucro, entre veciñais, culturais e deportivas. Son as subvencións correspondentes ao presente exercicio. En total serán 18.000 euros os que sairán das arcas municipais para a promoción do deporte, do asociacionismo e da cultura, unha contribución pública que o goberno municipal mantén ao día desde a súa chegada á alcaldía de Neda. As axudas, no que a entidades se refire, ascenden a 13.000 euros, unha cantidade que se distribuirá entre un total de 13 asociacións. Son as seguintes: AAVV de Anca, Ancos, O Castro, O Roxal, Asociación Cultural Recreativa Ponte da Cobeluda, ANPAs CEIPs Maciñeira e San Isidro, Asociación Brosladeiras, Agrupación Artística Lucero del Alba, Asociación Cultural e Etnográfica A Fervenza do Belelle, Asociación de Mulleres Val do Belelle, Asociación Palilleiras Filigrana, Asociación Local Amas de Casa e CCRD Puntal. A media económica das subvencións aproxímase aos mil euros. No caso das asociaciones deportivas, as axudas no seu conxunto ascenden a 5.000 euros, unha cantidade que se repartirá entre as asociacións deportivas Rápido de Neda e O Roxal e a agrupación deportiva San Isidro.O Concello ademais contribúe aos gastos derivados do funcionamento das sedes sociais ou das instalacións deportivas asumindo o custo da factura eléctrica, cuxo importe ao longo do ano pode superar os 10.000 euros, e colaborando no apartado de equipamento.