NEDA ANIMA Á VECIÑANZA A QUE CONSULTE SE PODE TER DEREITO AO BONO SOCIAL ELÉCTRICO


Neda, 5 de Outubro de 2018.- O Concello de Neda e máis a Fundación Axenda Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) informan aos veciños de que poderán seguir solicitando o bono social eléctrico a partir do próximo lunes, día 8 de outubro. Esta data límite só era de interese para as persoas que tiñan que renovar o bono.<br/>
Segundo datos da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) a finais de xullo só 650.000 usuarios tiñan solicitado o novo bono social, fronte aos 2,5 millóns de clientes que eran beneficiarios do antigo, polo que desde o Concello de Neda se anima a aqueles que aínda non o fixeron a que consulten se poden ter acceso ao modelo vixente.<br/>
As condicións veñen de ser modificadas polo que moitas unidades familiares que o tiñan poderían quedar sen el. Así, segundo os datos da CNMC, había 1,8 millóns de persoas que tiñan acceso a estas axudas por ter unha potencia contratada inferior a 3 Kw e que agora poderían perder ese dereito porque no actual desaparece esa condición e só se concede por niveis de renta, ás familias numerosas ou monoparentais.<br/>
Para recibir asesoramento os interesados poden valerse gratuitamente das oficinas que a Fundación Axenda Enerxética Provincial da Coruña ten en As Pontes que, xunto á de Cerceda, xa tramitaron un total de 102 solicitudes directas cun 99% de éxito e un aforro medio de 112 euros por solicitude. Ademais, dentro da web de FAEPAC (www.faepac.gal) existe un espazo dedicado ao bono social en httpp://faepac.gal/bono_social onde poden atopar toda a información relativa aos procedementos de solicitude. Tamén se pode solicitar asesoramento a través do teléfono 981 102 111 ou ben a través do correo electrónico consultas@faepac.gal.