O XANTAR INTERXERACIONAL DE NEDA SERÁ O DÍA 30 NO POLIDEPORTIVO DO ROXAL

Neda, 12 de Setembro de 2018.- O Concello de Neda organiza para o día 30 de setembro unha nova edición do Xantar Interxeracional que este ano está a cumprir dez anos.
O polideportivo do Roxal acollerá unha iniciativa que dará lugar a unha comida, a partir das dúas, e a unha actuación dun grupo musical para amenizar a sobremesa.
As persoas interesadas teñen de prazo ata o mércores día 26 para formalizar a súa inscrición nas oficinas municipais dos Servizos Sociais, situadas na planta baixa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición con prioridade para os nenos/as e veciños/as de Neda.
O menú será a base de langostinos, carne de porco ao forno, xeado, bebidas, café e bola. Os prezos son de cinco euros para menores de doce anos e de dez para a veciñanza en xeral. Estas dúas cantidades multiplicaranse por dous no caso de que sexan veciños doutros concellos. Sendo así, os menores pagarían dez euros e os maiores vinte.
O goberno municipal anima aos nedenses a pechar a tempada estival asistindo a unha reunión que ten moito de gastronómica pero aínda máis de lugar de encontro para que persoas de distintas idades poidan coincidir e compartir unha xornada festiva distinta.