ELVIRA RÍOS E A PANADERÍA LA GALLEGA FORON OS GAÑADORES CON CERTAME DE EMPANADAS

Neda, 2 de setembro de 2018.- O concurso de empanadas promovido polo Concello de Neda con motivo da Festa do Pan suscitou o interese de trece participantes, dos que oito eran persoas maiores de idade empadroadas en Neda e cinco profesionais con panadería ou forno no municipio promotor.

Os gañadores da categoría non profesional foron Elvira Ríos Muíño e Roberto Martínez, que se levaron respectivamente a cantidade de 100 e 50 euros. A primeira clasificada, Elvira Ríos, presentou unha empanada de bonito, mentres que a de Roberto Martínez era de liscos. Os premios da categoría profesional foron para a panadería La Gallega, cunha empanada de zamburiñas, e para a de Santa Rita. Esta última era de bonito. As contías tamén foron de 100 e 50 euros, respectivamente.

A concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón, valorou a participación e a alta calidade das empanadas presentadas ao concurso co que o goberno municipal quixo recuperar o que hai anos tiña lugar no recinto de Albarón.

Bouza Bellón sinalou que a resposta da xente e máis dos profesionais do sector invita ao Concello a pensar que haberá unha segundo convocatoria cara ao próximo ano.