O PROGRAMA “VISIÓNS” CHEGA ESTE MÉRCORES A NEDA COA PROXECCIÓN DO FILME “LA LA LAND. LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS”


Neda, 2 de Xullo de 2018. Co título “La La Land. La ciudad de las estrellas” comeza este mércores en Neda o programa de cinema “Visións” da Deputación da Coruña. Esta primeira cita será ás 22.30 horas e terá lugar no paseo marítimo, á altura do albergue de peregrinos. En caso de choiva, a convocatoria trasladarase ao pavillón do IES Fernando Esquío.
A programación terá continuidade os días 18 de xullo e 8 de agosto coa proxección de dous novos filmes. Así, o próximo mércores exhibirase a película “P3K: Pinocho 3000”, a partir das 22.30 horas, na rúa Real. A Casa da Cultura será a opción en caso de choiva.
Co filme “Pérez: O ratiño dos teus soños”, que se porá ver o día 8 de agosto, ás 22.00 horas, no polideportivo do Roxal, despedirase a iniciativa da Deputación para divulgar o sétimo arte aproveitando as noites de verán.