O CONCELLO ORGANIZA UNHA VIAXE DE TRES DÍAS DE DURACIÓN Á CIDADE LUSA DE OPORTO


A excursión será os días 15, 16 e 17 de xuño


Neda, 14 de Maio de 2018. O Concello de Neda organiza unha viaxe de tres días de duración á cidade lusa de Oporto. As persoas interesadas xa poden facer as reservas nas oficinas municipais. O prazo finaliza
o día 9 de xuño.
 

A iniciativa terá lugar os días 15, 16 e 17 do devandito mes. O prezo ascende a 190 euros, unha cantidade na que van incluídos os gastos de desprazamento, o seguro de responsabilidade civil, o aloxamento e a
pensión completa. Ademais están previstas visitas turísticas a Póboa de Varzim, Vila de Conde e Viana do Castelo, entre outras localidades, e unha cea baile que terá lugar o sábado día 16 de xuño.
 

O Concello de Neda anima á participación por considerar que se trata dunha actividade de ocio e tamén dunha magnífica oportunidade de compartir experiencias entre a veciñanza.