LOS ALUMNOS DEL COLEGIO MACIÑEIRA CONOCIERON HOY LA LABOR QUE HACE EL GES DE MUGARDOS

Neda, 9 de Abril de 2018.- A totalidade do alumnado do CEIP Maciñeira participou hoxe na xornada organizada polo Concello de Neda para que os nenos coñezan o traballo de prevención e asistencia que realizan este tipo de agrupacións, máis concretamente por parte do grupo de Mugardos.

Por medio desta actividade, que o día 13 trasladarase ao colexio San Isidro, os nenos coñeceron de primeira man o labor que se fai na loita contra o lume nos montes, a asistencia en sinistros e mesmo a colaboración que os GES realizan para ter controladas as colonias de avespa velutina.

O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, volorou este tipo de iniciativas para que os rapaces tomen conciencia da importancia do traballo que se fai desde os entes e agrupacións públicas para garantir a seguridade dos cidadáns. O alcalde tamén destacou de maneira especial a colaboración que o GES de Mugardos vén de realizar, xunto ao Concello de Neda, de loita contra a velutina. Esta axuda deu lugar, durante a primavera do 2017, á captura de preto de 700 exemplares e á retirada de 240 niños