NEDA ORGANIZA CITAS SEMANAIS DE XADREZ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Neda, 9  de Marzo  de 2018.-  O  goberno  de Neda non  descarta ter máis  adiante  a  súa  propia escola  municipal  de xadrez  pero  polo  de agora  vén de convocar  unhas  citas  semanais  para  que  a xente,  nenos  e  adultos,  tome  contacto  cunha  modalidade  deportiva  que  mellora  a  creatividade, potencia  da memoria  e axuda  á  concentración.  As instalacións  da  biblioteca  municipal  acollerán unhas convocatorias que serán os xoves, a partir das 16.00 horas. O Concello  porá  a disposición  dos interesados,  que poden  ter máis  información  a través  do número  981 390 233,  as pezas  e taboleiros  para  facer que a biblioteca  “sexa un  punto  de encontro  para  as  apaixonadas  e os  apaixonados  do  xadrez”. A actividade  estará coordinada  por  Miguel Torres Chaves, responsable do servizo de lectura. A concelleira de Educación, Cultura,  Patrimonio  e Turismo,  Cristina  Bouza  Bellón,  explicou  que se trata dunha  actividade coa  que se pretende fomentar  o xadrez entre as persoas  que o descoñecen  así  como  favorecer  a  reunión  e comunicación  entre as  que practican  o  único  deporte que pode exercitarse nunha biblioteca.