O CONCELLO DE NEDA AMPLÍA O PARQUE MÓBIL DE PROTECCIÓN CIVIL CUNHA FURGONETA PICK-UP A ENTREGA DO VEHÍCULO SERÁ O LUNS EN PONTEDEUME

 Neda, 8 de Febreiro de 2018.- O alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, recibirá o próximo luns das mans do vicepresidente da Xunta e concelleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Venezuela, unha furgoneta, tipo pick-up, para o servizo de Protección Civil. O acto, no que tamén estarán presentes representantes dos concellos de Cabanas, Mugardos e Pontedeume, será neste último municipio e dará comezo ás 12.00 horas. Alvariño Saavedra considera que a incorporación dun novo vehículo destinado a labores para salvagardar a seguridade das persoas sempre é unha boa noticia, ademais de destacar as características da furgoneta que a partir de agora estará ao servizo da poboación local a través do traballo que realizan os 19 voluntarios da agrupación. Ata o día de hoxe o seu parque móbil está integrado por un todoterreo e unha motobomba, uns recursos insuficientes segundo o alcalde e mesmo tamén dos responsables do grupo de Protección Civil. No seu momento o Concello de Neda tomou o acordo de participar nunha convocatoria -con custo cero para a administración local- de Vicepresidencia da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes destinada a equipamentos de emerxencia. Trátase dunha iniciativa cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.