NEDA RECORDARÁ O DOMINGO AO “MÉDICO DOS POBRES” CON MOTIVO DO 40º ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO


Neda, 30 de novembro de 2017.- O Concello de Neda invita á veciñanza a participar o próximo domingo nun acto de recordo e agradecemento a Francisco Cebreiro Barros, máis coñecido como Don Paco da Merced ou “o médico dos pobres”. Cando se están a cumprir 40 anos do seu pasamento o goberno local considera necesario manter viva na memoria de todos os nedenses a figura e o labor dun profesional que exerceu a medicina dun xeito altruísta e que sufriu a persecución por súa militancia republicana. O acto será ás 12.30 horas e terá lugar na praza que acolle a estatua dedicada ao traballo dun home que, segundo o poeta Pérez Parallé, foi “semente de amor”. No acto intervirán o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, o historiador e escritor Bernardo Máiz Vázquez e máis o poeta local Xoán García.
Teatro
O ciclo Tempo para o Teatro traerá mañá á Casa da Cultura de Neda a representación da obra “Será por Camiños”, a cargo da Escola de Teatro de Narón. A función será ás 20.30 horas e as entradas xa están a venda ao prezo de 2 euros. “Será por Camiños” é unha peza que trasladará ao espectador ao século XIII para contar unha historia que xira en torno á ruta de peregrinación de Santo André. Trátase dunha obra da que son autores José Prieto e Manuel Areoso, mentres que Celia González dirixirá