O CONCELLO DE NEDA REPOBOARÁ O MONTE DE ANCOS CON CASTIÑEIROS

Neda, 31 de outubro de 2017. O Concello de Neda aposta pola recuperación das árbores autóctonas, como así vai facer no caso dos montes de Ancos que serán repoboados a base de castiñeiros. Trátase dunha propiedade municipal na que agora se está a acondicionar un terreo baleiro desde a venda de madeira realizada no ano 2015. O goberno xa está a traballar na elaboración dun proxecto de repoboación de montes de propiedade pública. O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, considera necesario apostar desde a administración local polo castiñeiro e o carballo por tratarse de árbores que contribúen á conservación do hábitat local e autonómico, ademais de ser moito máis resistentes ás lamas. O Concello non se veu afectado, en ningunha das súas propiedades, polo incendio forestal que acabou cunhas 400 hectáreas de plantacións privadas na zona de Anca. A conservación do monte tamén pasa pola limpeza do mesmo, unha tarefa á que o Concello de Neda destina neste último trimestre do ano 4.000 euros para manter nas mellores condicións montes situados en Gandarela e Maciñeira. Os traballos, consistentes na retirada de madeira e vexetación, deron comezo en verano, polo que están a punto de rematar.