UNHAS 1.100 PERSOAS TOMARON PARTE NA ANDAINA SOLIDARIA A PROL DA LOITA CONTRA O CANCRO

 Reto superado. O Concello de Neda conseguiu reunir hoxe a case 1.100 persoas na segunda edición da Andaina Solidaria, 40o máis que primeira convocatoria. A recadación alcanzou os 4.825 euros. O ano pasado foi de 2.665 euros. Todo o diñeiro dóase á Asociación Española contra o Cancro.
A iniciativa partiu dun grupo de veciños da localidade. A organización corre a cargo da administración local. A responsable de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena Barcia, valorou a participación e agradeceu o compromiso da xente coa loita contra o cancro, tanto por parte das persoas que tomaron parte na proba como das que colaboraron economicamente a través do dorsal solidario. Ana Rosa Pena entende que a convocatoria vai a máis polo que desde o equipo de goberno xa se está a traballar cara á convocatoria do 2018.