Teatro na Casa de Cultura de Neda ás 18:30 h. o próximo domingo día 1 de Outubro

 O domingo 1 de outubro ás 18.30 h. na Casa da Cultura, continúa o Ciclo Teatro en Familia. O Aturuxo de Melpómene representará MISTERIOS, unha obra escrita e dirixida por Paula Carballeira e dirixida a nenas e nenos a partir dos 6 anos.
É difícil atopar respostas para as grandes preguntas, e iso que o intentamos, con todas as nosas forzas, sobre todo mentres somos nenos ou nenas como Mara, a protagonista desa peza de teatro. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na túa casa, na da veciña, na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos.
Prezo entradas maiores 2 €, infantil 1 €.
Billeteira aberta o venres de 10 a 13 e de 16 a 20 , e o domingo a partir das 17 h.